DOSIER

III MARCHA SOLIDARIA
COLEXIO NS ESPERANZA
15 ABRIL 2018

A Marcha Solidaria “Colexio NS Esperanza” e moito mais que unha actividade deportiva. É unha mostra de cómo o pequeno esforzo dunha Comunidade Educativa formada por Profesores, Pais e Nais, Alumnos e familia en xeral, pode transformarse en axuda aos mais desfavorecidos, creando  conciencia de que un dos valores máis grandes que como individuos  podemos achegar á sociedade é, sinxelamente, o da xenerosidade con aqueles que mais o necesitan.

QUEN A ORGANIZA
O departamento de Educación Física do Colexio NS Esperanza que é un centro educativo privado concertado situado na Cidade de Vigo. Este Colexio comezou a súa andaina o 15 de outubro de 1968 co obxectivo fundamental, aínda hoxe vixente, de “garantir un proceso educativo de calidade en todas as etapas e a formación integral do alumno”, procurando para iso que o servizo prestado ás familias sexa óptimo. O Centro iniciou a súa actividade cunha escola unitaria na Avda. Ramón Nieto, o seu crecemento constante ao longo dos anos obrigouno a trasladarse até a súa actual localización na rúa Cambeses, sendo necesaria a construción en 1998 dun novo edificio destinado á nova etapa da Educación Secundaria Obrigatoria. O Centro dispón dos seguintes niveis: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial. Todos eles participan nesta marcha deportiva.

QUE PRETENDEMOS
O Departamento de educación Física do Centro, formado polos profesores Cristina, Héctor, Diego e Jorge, tratan de difundir os hábitos de vida saudable entre os seus alumnos a as familias do Centro. Xunto con esta pretensión apostan por organizar un evento que puidese unir e facer realidade o binomio deporte e solidariedade.
Impulsados polas ganas de contribuír a paliar as dificultades dos nenos dos países mais desfavorecidos, xurdiu esta modalidade de marcha que transcende o meramente deportivo e permítenos poñer en práctica as nosas ganas de axudar aos que menos teñen e aos que a nosa pequena achega pode darlles un día mellor.

OBXECTIVO XERAL
Organizar un evento deportivo-solidario que xere compromiso social, benestar deportivo e sentido de solidariedade entre os participantes.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
– Xerar un día de festa e convivencia co deporte.
– Facer partícipes dunha actividade deportiva e social a todos os membros da comunidade educativa do Centro Escolar, así como a todas as persoas que queiran participar do barrio e da periferia.
– Reforzar a aposta por un deporte aberto e non elitista.
– Recadar fondos para ONG SAVE THE CHILDREN

METAS EDUCATIVAS E BOA PRAXIS
A carreira ten carácter solidario e non competitivo, aínda que houbese diplomas participativos. O importante do evento é fomentar a solidariedade en todos os seus campos. Seguiremos apostando pola participación dos mais cativos na proba e incidindo na idea de que o Deporte é un hábito fundamental na nosa vida. Baixo este principio básico, resaltaremos a importancia que adquire a actividade deportiva na nosa saúde física, mental e emocional, así como na transmisión de regras e valores.

METAS SOLIDARIAS
A Marcha ten un fin unicamente solidario e os cartos recadados destinaranse integramente aos Proxectos da ONG SAVE THE CHILDREN:
Pobreza infantil en España
En España, 1 de cada 3 nenos vive en risco de pobreza e exclusión social. SAVE THE CHILDREN Leva máis de 20 anos desenvolvendo programas de apoio á infancia máis vulnerable, proporcionando unha atención integral aos nenos e as súas familias.

Pobreza e nutrición
SAVE THE CHILDREN Desenvolve intervencións destinadas a mellorar a nutrición das nais e os nenos, centrando gran parte dos esforzos nos primeiros mil días de vida dos bebés, a etapa máis crítica para o desenvolvemento.

Pobreza e educación inclusiva
SAVE THE CHILDREN Dirixe os seus esforzos para lograr un sistema educativo plenamente inclusivo no que todos os nenos e nenas aprendan xuntos independentemente da súa orixe, a súa relixión ou a súa situación económica.

Pobreza e explotación infantil
O traballo de SAVE THE CHILDREN busca erradicar cada unha das formas nas que os nenos e as nenas convértense en vítimas da explotación así como as causas que a provocan, fundamentalmente a pobreza.

FICHA TÉCNICA DA MARCHA
Fecha:                 15 de ABRIL de 2018
Hora de comezo:         10:00 h
Hora de finalización:         12:30 h
Lugar:                 Barrio de Cambeses
Lugar de saída:             Colexio NS Esperanza (Cambeses, 18)
Lugar de chegada:         Colexio NS Esperanza (Cambeses, 18)
Distancias:             1 Km (Aprox.)
Tipo de Percorrido:         O percorrido se desenrola por camiños veciñais, entornos
naturais pretos do regato Cambeses e pola Rúa Cambeses.

CATEGORÍAS PARTICIPATIVAS
CATEGORÍA A: EDUCACIÓN INFANTIL

CATEGORÍA B: 1º E 2º PRIMARIA

CATEGORÍA C: 3º E 4º PRIMARIA

CATEGORÍA D: 5º E 6º PRIMARIA

CATEGORÍA E: EDUCACIÓN SECUNDARIA

DESCRIPCIÓN DO PERCORRIDO
Saída do Centro escolar, percorremos un pequeño treito da rúa Cambeses ata un camiño vecinal que cruza a Avenida Ramón Nieto por debaixo ata chegar ao sendeiro que percorre o curso do regato Cambeses no medio da Urbanización deste mesmo nome ata chegar á pista polideportiva que está ó final do sendeiro onde os participantes de 3, 4 e 5 anos participarán de xogos infantís, o resto de participantes darán unha volta á pista e voltarán polo sendeiro do regato Cambeses do lado contrario ao que se subiu ata chegar polo camiño vecinal novamente á rúa Cambeses regresando ao Colexio onde se sitúa a meta.

DISTRIBUCIÓN DE ZONAS
A-    Zona de Ocio 3, 4 e 5 anos
B-    Zona de Saía e Chegada
C-    Xogos Populares
D-    Baile Grupal

A TER EN CONTA
Poderán participar todos aquelas persoas que así o desexen.
As inscricións estarán abertas ata o mesmo día da Marcha.
Toda a información da carreira atópase na páxina web do colexio e tamén no seu BLOG onde se publicarán as fotografías do Evento.
O entorno do Centro escolar non dispón de moitas prazas de aparcamento. En previsión da cantidade de participantes da Carreira e tendo en conta que parte da rúa Cambeses vai estar pechada, pregámosvos o teñades en conta co fin de traer o menor número de vehículos posibles e os despracedes ata o evento deportivo en transporte público o deixedes o voso vehículo afastado das inmediacións do Colexio.

INSCRICIÓNS
A formalización das inscricións realízase entregando na Secretaría do Centro o documento de Inscrición que pode descargarse da web.
O custo das inscricións será de 2€ para menores de 18 anos e 3€ para adultos maiores de 18 anos.

CRONOGRAMA
10:00 ED INFANTIL 3, 4, 5 – CON ACTIVIDADES NA PISTA DEPORTIVA DE CAMBESES (10:30-11:30)

10:30 1º -2º PRIMARIA – CON ACTIVIDADES NO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO.

10:45 3º -4º PRIMARIA – CON ACTIVIDADES NO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO.

11:00 5º -6º PRIMARIA – CON ACTIVIDADES NO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO.

11:15 1º -2º – 3º – 4º ESO– CON ACTIVIDADES NO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO.
——————————————————–
OS ADULTOS MARCHARÁN NA TANDA DOS ALUMNOS QUE LLES ANOTARON