AVISOS

TRÁFICO

A rúa Cambeses estará cortada ao tráfico esa mañá, polo que lles pregamos a todos os participantes que fagan uso do transporte público ou deixen os seus vehículos en zonas afastadas do Colexio. Ese día haberá moitísimas persoas no entorno escolar e non só dentro do recinto se non nas súas imnediacións.


COIDADO DOS NENOS

O profesorado do Colexio é membro directo da organización do evento e teñen asignado unha tarefa determinada polo que o coidado dos nenos e nenas reacae sobre os adultos que os acompañen á proba. Cada grupo participante irá acompañado por un profesor-guía que lles guiará polo percorrido e lles indicará onde teñen que facer as actividades destinadas a cada etapa, sen embargo, os adultos que acompañen aos nenos e nenas velarán porque estes permanezcan no grupo que lles corresponde. No caso de que algún neno se extravíe avisarase por megafonía e se habilitará unha área de recollida na Secretaría do Centro.


CARÁCTER SOLIDARIO DA PROBA

O evento ten un claro obxectivo solidario. Tanto profesores como colaboradores farán todo o que está na súa man para que o desenrolo da actividade sexa o máis segura e divertida para todos os participantes aos que lles pedimos toda a súa colaboración e respeto as normas para que o que prime sexa o fin solidario da proba.